As 10 ideas esenciais

O traballo do mestre na aula non se pode reducir a garantir que as nenas e os nenos adquiran novos coñecementos. Na educación primaria a función titorial resulta especialmente relevante e consiste no apoio e a orientación do alumnado. As aprendizaxes tamén teñen unha natureza social, cívica e moral. Ademais é imprescindible coñecer as características de cada nena e de cada neno: o seu nivel de madurez, a súa situación persoal e familiar, os seus intereses e experiencias, as súas preocupacións, etc.

A relación coas familias, en boa lóxica, tamén forma parte da función titorial. Esta páxina web, así como o espazo compartido en Agueiro, son dous exemplos prácticos do que pretendemos lograr: unha cooperación permanente que axude os nosos nenos non só a saber máis senón a ser mellores e máis felices, en harmonía cos demais e nun ambiente de convivencia que favoreza o desenvolvemento de todas as súas capacidades.

CONVIVIR
ERRAR
COMPARTIR
NON COMPARAR
COMPRENDER
VIVIR
RESPECTAR
LOGRAR
ESFORZARSE
PENSAR
Show More
This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now