Como buscar información fiable en Internet?

En Internet podemos atopar moitísimos datos sobre todo tipo de temas, pero non é fácil dar con información fiable que se corresponda coa realidade.

A información fiable é aquela na que podemos confiar, aquela á que lle podemos dar crédito porque podemos considerala verdadeira.

Esta información fiable podémola atopar en:

  • Fontes oficiais que dependen dos gobernos, por exemplo o Instituto Nacional de Estatística ou o Instituto Xeográfico Nacional.

  • Buscadores de noticias de medios de comunicación con certo prestixio como El País, La Vanguardia, La Voz de Galicia, etc.

  • Enciclopedias dixitais como Wikipedia (aínda que corremos o risco de atopar datos erróneos que cómpre contrastar)

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now