UNIDADE 3:
AS FUNCIÓNS VITAIS NO SER HUMANO
As funcións de nutrición, relación e reprodución son as que levan a cabo todos os seres vivos. A terceira unidade do curso manteranos ocupados no seu coñecemento e investigación.

CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B2.1. O corpo humano e o seu funcionamento.
-
B2.2. Anatomía e fisioloxía.
-
B2.3. Células, tecidos, órganos, aparellos e sistemas.
-
B2.4. Diferentes tipos de células. Os virus e as bacterias.
-
B2.5. As funcións vitais no ser humano.
-
B2.6. Función de relación (órganos dos sentidos, sistema nervioso e aparello locomotor).
-
B2.7. Función de nutrición (aparellos respiratorio, dixestivo, circulatorio e excretor).
-
B2.8. Función de reprodución (aparello reprodutor).
-
B2.9. Saúde e enfermidade.
-
B2.10. Principais enfermidades que afectan aos aparellos e sistemas do organismo humano.
-
B2.11. Hábitos saudables para previr enfermidades.
-
B2.12. Trastornos alimenticios.
-
B2.13. Efectos nocivos do consumo de alcohol e drogas.
-
B2.14. Tipos de dietas.
-
B2.15. Análise de etiquetas de produtos.
-
B2.16. Avances da ciencia que melloran a saúde e a vida.
-
B2.17. Coñecemento de actuacións básicas de primeiros auxilios.
RECURSOS PARA APRENDER
WEBS
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
CNB2.1.1
Identifica e localiza os principais órganos implicados na realización das funcións vitais do ser humano.
CNB2.2.1
Identifica e describe as principais características dos aparellos respiratorio, dixestivo, locomotor, circulatorio e excretor e explica as principais funcións.
CNB2.3.1
Recoñece estilos de vida saudables e os seus efectos sobre o coidado e mantemento do funcionamento global do corpo.
CNB2.3.2
Coñece e explica os principios das dietas equilibradas, identificando as prácticas saudables para previr e detectar os riscos para a saúde.
CNB2.3.3
Recoñece os efectos nocivos do consumo de alcohol e drogas.
CNB2.3.4
Observa, identifica e describe algúns avances da ciencia que melloran a saúde (medicina, produción e conservación de alimentos, potabilización da auga etc.).
CNB2.3.5
Coñece técnicas de primeiros auxilios, en situacións simuladas e reais.