UNIDADE 2:
AS MÁQUINAS E A TECNOLOXÍA
Nesta unidade introduciremos nocións fundamentais sobre as máquinas e a tecnoloxía. Elaboraremos circuítos eléctricos e investigaremos sobre os seus efectos e sobre a estreita relación que teñen a electricidade e o magnetismo.

CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B5.1. Máquinas e aparellos. Tipos de máquinas na vida cotiá e a súa utilidade.
-
B5.2. Análise de operadores e emprego na construción dun aparello.
-
oncepto de enerxía. Diferentes formas de enerxía. A luz como fonte de enerxía.
-
B5.3. Construción de estruturas sinxelas que cumpran unha función ou condición para resolver un problema a partir de pezas moduladas.
-
B5.4. A electricidade no desenvolvemento das máquinas.
-
B5.5. Elementos dos circuitos eléctricos.
-
B5.6. Efectos da electricidade.
-
B5.7. Condutores e illantes.
-
B5.8. A relación entre electricidade e magnetismo.
RECURSOS PARA APRENDER
WEBS
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
CNB5.1.1
Identifica diferentes tipos de máquinas e clasifícaas segundo o número de pezas, o xeito de accionalas e a acción que realizan.
CNB5.1.2
Observa, identifica e describe algúns dos compoñentes das máquinas.
CNB5.1.3
Observa e identifica algunha das aplicacións das máquinas e dos aparellos e a súa utilidade para facilitar as actividades humanas.
CNB5.2.1
Constrúe algunha estrutura sinxela que cumpra unha función ou condición para resolver un problema a partir de pezas moduladas (escaleira, ponte, tobogán etc.).
CNB5.3.1
Identifica os elementos dun circuíto eléctrico, constrúe un e explica algúns efectos da electricidade.
CNB5.3.2
Observa e identifica as principais características dos imáns e relaciona electricidade e magnetismo.