UNIDADE 1:

 A MATERIA E A ENERXÍA 

Nesta unidade introduciremos nocións fundamentais sobre materia e enerxía.

 CONTIDOS DO CURRÍCULO             

  • B4.1. Concepto de enerxía. Diferentes formas de enerxía. A luz como fonte de enerxía.

  • B4.2. Electricidade: a corrente eléctrica. Circuítos eléctricos. Magnetismo: o magnetismo terrestre. O imán: o compás.

  • B4.3. Os cambios de estado. As reaccións químicas: a combustión, a oxidación e a fermentación.

  • B4.4. Fontes de enerxía e materias primas: a súa orixe. Enerxías renovables e non renovables.

  • B4.5. Fontes de enerxías renovables e non renovables. O desenvolvemento enerxético, sostible e equitativo.

  • B4.6. Utilidade dalgúns avances, produtos e materiais para a sociedade.

  • B4.7. Planificación e realización de experiencias diversas para estudar as propiedades de materiais de uso común e o seu comportamento diante da luz, o son, a calor, a humidade e a electricidade.

  • B4.8. Predición de cambios no movemento ou na forma dos corpos por efecto das forzas.

  • B4.9. Observación dalgúns fenómenos de natureza eléctrica e os seus efectos (luz e calor).

  • B4.10. Atracción e repulsión de cargas eléctricas.

  • B4.11. Separación de compoñentes dunha mestura mediante destilación, filtración, evaporación ou disolución.

  • B4.12. Reaccións químicas: a combustión, a oxidación e a fermentación.

  • B4.13. Normas de prevención de riscos.

 RECURSOS PARA APRENDER                  

 WEBS 

 VÍDEOS 

 ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE              

CNB4.2.1

Identifica e explica algunhas das principais características das diferentes formas de enerxía: mecánica, lumínica, sonora, eléctrica, térmica e química.

 

CNB4.2.2

Identifica e explica os beneficios e riscos relacionados coa utilización das enerxías renovables e non renovables: esgotamento, choiva ácida, radioactividade, expoñendo posibles actuacións para un desenvolvemento sostible.

 

CNB4.3.1

Planifica e realiza sinxelas experiencias e predí cambios no movemento, na forma ou no estado dos corpos por efecto das forzas ou das achegas de enerxía, comunicando o proceso seguido e o resultado obtido.

 

CNB4.3.2

Observa de xeito sistemático, aprecia e explica os efectos da calor no aumento de temperatura e dilatación dalgúns materiais.

 

CNB4.4.1

Identifica, experimenta e exemplifica argumentando algúns cambios de estado e a súa reversibilidade.

 

CNB4.4.2

Separa os compoñentes dunha mestura mediante destilación, filtración, evaporación ou disolución.

 

CNB4.4.3

Presenta conclusións de procesos de investigación, experiencias sinxelas ou proxectos sobre diferentes fenómenos físicos e químicos da materia, en diferentes soportes.

 

CNB4.4.4

Identifica e expón as principias características das reaccións químicas: combustión, oxidación e fermentación.

 

CNB4.4.5

Respecta as normas de uso, de seguridade e de mantemento dos instrumentos de observación e dos materiais de traballo.

 

CNB4.1.1

Investiga a través da realización de experiencias sinxelas para achegarse ao coñecemento das leis básicas que rexen fenómenos como a reflexión da luz, a transmisión da corrente eléctrica e os cambios de estado.

 

CNB4.1.2

Investiga a través da realización de experiencias sinxelas para achegarse ao coñecemento das leis básicas que rexen reaccións químicas: combustión, oxidación e fermentación.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now