Las personas grandes aman las cifras. Cuando les habláis de un nuevo amigo, no os interrogan jamás sobre lo esencial. Jamás os dicen: "¿Cómo es el timbre de su voz? ¿Cuáles son los juegos que prefiere? ¿Colecciona mariposas?". En cambio, os preguntan: "¿Qué edad tiene? ¿Cuántos hermanos tiene? ¿Cuánto pesa? ¿Cuánto gana su padre?". Sólo entonces creen conocerle. Si decís a las personas grandes: "He visto una hermosa casa de ladrillos rojos con geranios en las ventanas y palomas en el techo...", no acertarán a imaginarse la casa. Es necesario decirles: "He visto una casa de cien mil francos." Entonces exclaman: "¡Qué hermosa es!".

El principito

Antoine de Saint-Exupéry

Necesitamos poñer notas aos alumnos?

As notas ou cualificacións non só son innecesarias senón altamente perxudiciais para o proceso de ensino e aprendizaxe. Estamos tan afeitos a elas que isto parece imposible e de feito aínda non somos capaces de liberarnos delas. Pero sabemos que esa é a meta se buscamos verdadeiras aprendizaxes. Alfie Kohn, un dos educadores norteamericanos que máis valoramos, fala moi claro sobre os efectos das notas durante esta entrevista.

A transcripción traducida ao galego está debaixo.

"Non temos por que ter notas. As investigacións demostran que as notas teñen tres efectos:

 

1. Fan que os estudantes teñan menos interese no que sexa que están aprendendo para lograr a nota.

2. Fan que sexan menos proclives a elixir algo difícil, pois despois de todo, se do que se trata é de sacar un sobresaliente escollerán o libro máis curto ou o proxecto máis doado. Así terán máis posibilidades de obter ese sobresaliente.

3. Cando os alumnos reciben cualificacións tenden a pensar de xeito máis superficial e a reflexionar menos. Acaban por preguntar "Temos que saber isto? Isto cae no exame?".

 

Por isto é que as mellores escolas non poñen notas aos seus alumnos. E os mellores mestres fan todo o posible para axudar os alumnos a esquecer a existencia das notas, e incluso a veces piden que sexan os propios rapaces os que elixan a súa nota.

 

Vivimos nunha sociedade na que a xente non se decata disto, ignoran estas investigacións e utilizan as notas para forzar aos alumnos a facer cousas que moi comprensiblemente apenas teñen interese en facer. Se eu son un mestre e non teño a destreza de involucrar auténticamente os nenos en ciencias, en historia ou en literatura entón necesito recurrir aos sobornos e ameazas para obrigar a que o fagan. E iso é o que son as notas. Non é avaliación. Non é unha maneira necesaria de informar sobre resultados. As notas son coercitivas.

 

E cando os estudantes quedan enredados nesta trampa discutindo ou preocupándose por unha décima de punto na súa media van facer malas eleccións acerca de que cursos elixir e a que dedicar o seu tempo."

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now