UNIDADE 5:
O TEXTO
A quinta unidade estará centrada no texto e nos mecanismos de cohesión que vertebran a súa estrutura interna. Complétase coa formación no uso do dicionario.
CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B4.6. Recoñecemento e uso dalgúns conectores textuais (de orde, contraste e explicación) e dos principais mecanismos de referencia interna, tanto gramaticais (substitucións pronominais) coma léxicos (elipses e substitucións mediante sinónimos e hiperónimos).
-
B4.7. Uso eficaz do dicionario para ampliación de vocabulario e como consulta ortográfica e gramatical.
-
B4.11. As relacións gramaticais. Recoñecemento e explicación reflexiva das relacións que se establecen entre o substantivo e o resto dos compoñentes do grupo nominal.
-
B4.12. Utilización de material multimedia educativo e outros recursos didácticos ao seu alcance e propios da súa idade.
RECURSOS PARA APRENDER
WEBS
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
LCB4.2.4
Recoñece e usa os conectores básicos entre oracións: causa, consecuencia, finalidade...
LCB4.3.1
Recoñece a estrutura do dicionario e tipos de dicionario, en diferentes soportes e úsaos para buscar o significado de calquera palabra (derivadas e sinónimas).
LCB4.3.2
Selecciona a acepción correcta segundo o contexto de entre as varias que lle ofrece o dicionario.
LCB4.4.2
Utiliza correctamente as normas de concordancia de xénero e número na expresión oral e escrita.
LCB4.5.1
Utiliza distintos programas educativos dixitais como apoio e reforzo da aprendizaxe.