UNIDADE 1:
A TERRA E O UNIVERSO
A primeira unidade do curso ocúpase da astronomía. Centramos a atención no noso planeta e nos seus movementos de rotación e translación.
RECURSOS PARA APRENDER
CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B2.1. O Universo: galaxia, estrela, planeta, satélite, asteroide e cometa.
-
B2.2. O sistema Solar: o Sol e os planetas.
-
B2.3. O planeta Terra e a Lúa. Características.
-
B2.4. Movementos terrestres e as súas consecuencias: as estacións do ano, día e noite, fusos horarios.
-
B2.5. A translación da Lúa: as fases lunares. Eclipses e mareas.
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
CSB2.1.1
Describe como é e de que forma se orixinou o Universo e explica os seus principais compoñentes identificando galaxia, estrela, planeta, satélite, asteroide e cometa.
CSB2.2.1
Describe as características, compoñentes do Sistema Solar, localizando o Sol no centro do mesmo e os planetas segundo a súa proximidade.
CSB2.3.1
Define e representa o movemento de translación terrestre, o eixe do xiro e os polos xeográficos, asocia as estacións do ano ao seu efecto combinado e calcula os fusos horarios.
CSB2.3.2
Explica o día e a noite como consecuencia da rotación terrestre e como unidades para medir o tempo.
CSB2.3.3
Define a translación da Lúa identificando e nomeando as fases lunares.