UNIDADE 3:
EUROPA: RELEVO, CLIMA E PAISAXE
Nesta unidade investigaremos sobre o noso continente desde variados puntos de vista relacionados coa realidade física: o relevo, a hidrografía, os climas e as paisaxes.
Introduciremos a unidade tratando nocións de cartografía, tipos de mapas, escalas e signos convencionais.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B2.1. Cartografía. Planos, mapas e planisferios.
-
B2.2. Tipos de mapas: físicos, políticos e temáticos.
-
B2.3. Escalas e signos convencionais dun mapa.
-
B2.4. Técnicas de orientación no espazo. Elaboración dun itinerario de viaxe coa axuda de ferramentas dixitais.
-
B2.5. O clima. Elementos e factores climáticos.
-
B2.6. A paisaxe: elementos que a forman, tipos de paisaxes.
-
B2.7. Características das principais paisaxes de España e de Europa.
-
B2.8. A diversidade xeográfica das paisaxes de Europa: relevo, climas e hidrografía.
-
B.2.9. Utilización e consulta en sistemas de información xeográfica.
-
B2.10. A intervención humana no medio. Consumo responsable. Os problemas da contaminación.
-
B2.11. O desenvolvemento sostible.
-
B2.12. Elaboración dun plan de reciclaxe.
RECURSOS PARA APRENDER
WEBS
VÍDEOS
CSB2.1.1
Identifica e clasifica os diferentes tipos de mapas, incluíndo os planisferios, define que é a escala nun mapa e emprega e interpreta os signos convencionais máis usuais que poden aparecer nel.
CSB2.2.1
Define clima, nomea os seus elementos e identifica os factores que o determinan.
CSB2.3.1
Define paisaxe, identifica os seus elementos e explica as características das principais paisaxes de España e de Europa valorando a súa diversidade.
CSB2.4.1
Localiza nun mapa o relevo de Europa, as súas vertentes hidrográficas e o seu clima.
CSB2.4.2
Recoñece as principais características do relevo, os ríos e o clima de Europa.
CSB2.5.1
Explica o uso sostible dos recursos naturais propoñendo e adoitando unha serie de medidas e actuacións que conducen á mellora das condicións ambientais do noso planeta.
CSB2.6.1
Explica as causas e consecuencias do cambio climático e as actuacións responsables para frealo.