UNIDADE 1:

 A HISTORIA DE ESPAÑA 

CSB4.1.1

Define o concepto de prehistoria, identifica a idea de idade da historia e data as idades da historia, asociadas aos feitos que marcan os inicios e finais nomeando algunhas fontes da historia representativas de cada unha delas.

CSB4.2.1

Usa diferentes técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado, percibindo a duración, a simultaneidade e as relacións entre os acontecementos.

 

CSB4.3.1

Sitúa nunha liña do tempo as etapas históricas máis importantes das distintas idades da historia de España.

CSB4.3.2

Identifica e localiza no tempo e no espazo os feitos fundamentais da historia de España describindo as principais características de cada unha delas.

CSB4.3.3

Explica aspectos relacionados coa forma de vida e organización social de España das distintas épocas históricas estudadas.

CSB4.3.4

Describe en orde cronolóxica os principais movementos artísticos e culturais das distintas etapas da historia de España citando os seus representantes máis significativos.

CSB4.3.5

Explica os principais acontecementos que se produciron durante o s. XIX e XX e que determinan a nosa historia contemporánea.

CSB4.3.6

Describe as características da sociedade española actual, e valora o seu carácter democrático e plural, así como a pertenza á Unión Europea.

 RECURSOS PARA APRENDER                  

 WEBS 

 VÍDEOS 

 ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE              

 CONTIDOS DO CURRÍCULO             

Na primeira parte do curso ocuparémonos do bloque de contidos referidos á historia de España. Primeiro introduciremos o concepto de historia e o de idade histórica. Situaremos as idades na liña do tempo coñecendo os acontecementos históricos que as delimitan.

Despois adentrarémonos na análise das formas de vida e organización social de España nas distintas épocas así como as principais manifestacións artísticas e culturais.

Finalmente repararemos con maior profundidade nos acontecementos dos séculos XIX e XX, e, por suposto, nas características da sociedade española actual.

  • B4.1. As idades da historia: duración e datación dos feitos históricos significativos que as acoutan.

  • B4.2. As fontes históricas e a súa clasificación. Realización dun traballo expositivo seleccionando e clasificando distintas fontes (artísticas, literarias, gráficas, estatísticas, cartográficas, orais, etc.)

  • B4.3. O tempo histórico e a súa medida.

  • B4.4. Técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado: os mapas históricos e as liñas do tempo. Realización dunha liña do tempo que recolla os acontecementos históricos máis relevantes que marcan as idades da historia.

  • B4.5. As transformacións económicas, políticas, sociais e culturais do século XIX.

  • B4.6. España na Idade Contemporánea I: o século XIX.

  • B4.7. As transformacións económicas, políticas, sociais e culturais do século XX.

  • B4.8. España na Idade Contemporánea II: o século XX. Mulleres e homes relevantes na historia de España e Galicia.

  • B4.9. España na Unión Europea.

  • B4.10. O Mundo Actual. Realización de arquivos sobre temas de actualidade.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now