UNIDADE 2:
O PATRIMONIO CULTURAL
Completamos o bloque das pegadas do tempo coa unidade que se refire ao patrimonio histórico e cultural. Salientaremos a importancia de protexelo, conservalo e difundilo pois trátase dunha herdanza de valor incalculable.
Efectuaremos investigacións sobre sitios e lugares declarados como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B4.11. O noso patrimonio histórico e cultural.
-
B4.12. Patrimonio da Humanidade. Elaboración dunha guía sobre os sitios e lugares Patrimonio da Humanidade.
-
B4.13. Museos, sitios e monumentos históricos como espazos de aprendizaxe e gozo.
RECURSOS PARA APRENDER
WEBS
VÍDEOS
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
CSB4.4.1
Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
CSB4.4.2
Respecta os restos históricos e valóraos como un patrimonio que debemos legar e recoñece o valor que o patrimonio arqueolóxico monumental nos achega para o coñecemento do pasado.
CSB4.5.1
Respecta e asume o comportamento que debe cumprirse cando visita un museo ou un edificio antigo.
CSB4.5.2
Aprecia a herdanza cultural a escala local, nacional e europea como a riqueza compartida que hai que coñecer, preservar e coidar.