UNIDADE 4:
A UNIÓN EUROPEA
Seguiremos investigando sobre Europa pero agora desde o punto de vista político e da súa organización territorial. Estudaremos as orixes da Unión Europea e os seus principais obxectivos como organización supraestatal.
Aproveitaremos para debater sobre os problemas actuais que máis afectan á Unión Europea desde o punto de vista político, económico e social.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B3.1. A Unión Europea.
-
B3.2. A organización económica, social, política e territorial da Unión Europea.
-Aproximación a algunhas características significativas dos países europeos a través dun proxecto cooperativo.
RECURSOS PARA APRENDER
CSB3.1.1
Explica que é a Unión Europea e cales son os seus obxectivos políticos e económicos e localiza nun mapa os países membros e as súas capitais.
CSB3.1.2
Identifica as principais institucións e os seus órganos de goberno na Unión Europea, recoñecendo os seus símbolos e explicando en que consiste o mercado único e a zona euro.