Educación mediática

A educación mediática trata de axudar a todos os cidadáns a establecer unha relación eficaz, plena e responsable cos medios de comunicación.

Cada vez con máis frecuencia e cada vez máis precozmente, os nosos rapaces introdúcense de xeito autónomo no uso de medios tecnolóxicos que permiten unha comunicación inmediata pero que non está exenta de riscos. Por tanto resulta imprescindible traballar desde as escolas e desde as familias esta faceta da vida que xa é parte esencial do noso día a día, na casa, no traballo, no tempo de ocio.

Axudar a entender os medios de comunicación, os seus efectos, os intereses comerciais que teñen os seus propietarios, a maneira en que nos persuaden coas súas linguaxes, etc. son elementos fundamentais dun amplo proxecto de formación orientado aos nenos e nenas de entre 9 e 12 anos. Sen embargo debemos fuxir de estratexias defensivas diante do fenómeno mediático pois tamén convén sacar proveito das súas ferramentas desde un punto de vista expresivo e creativo. É unha realidade que cómpre abordar con amplitude de miras.

O CEIP de Sestelo-Baión (Vilanova de Arousa), previa autorización da Consellería de Educación, determinou no ano 2015 que a súa materia de libre configuración xirase arredor desta área formativa.

 

Algúns autores destacan a triple C dos principios esenciais que rixen a educación mediática: coñecemento, espírito crítico e creatividade. Eses son tamén os tres ámbitos nos que se desenvolve o currículo da área.

 Documentos básicos 

Declaración de Grunwald (1982)

 

Declaración de Alexandría (2005)

 

Revista Comunicar: Políticas de educación en medios. Aportaciones y desafíos mundiales (marzo de 2009)

 

Proposta didáctica para segundo ciclo de educación primaria - Equipo Mediascopio

Proposta didáctica para terceiro ciclo de educación primaria - Equipo Mediascopio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now