IDEA 10  

A aula é un lugar onde se pensa

As presas e o facer por facer son os dous inimigos principais da reflexión. Necesitamos o tempo e o clima de aula que propicien a reflexión individual e compartida. Queremos pensar antes de facer, queremos enfrontar desafíos intelectuais e dilemas morais. A pensar tamén se aprende porque empregamos ferramentas intelectuais que teñen que ver coa lóxica e coa filosofía. Unha escola na que non se pensa poderá ter ocupados os rapaces pero non estará mobilizando de verdade todos os seus recursos cognitivos. Unha escola que non considere asuntos esenciais como a igualdade, a tolerancia e o respeto aos dereitos e liberdades nunca poderá merecer ese nome.

—¡Los profes nos comen el tarro, señor!

—Te equivocas. El tarro te lo han comido ya. Los profesores intentan devolvértelo.

Mal de escuela

Daniel PENNAC

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now