IDEA 3  

O coñecemento non nos pertence. Temos a "obriga" de compartilo

Nunha aula na que se fomenta a competitividade é moi fácil observar unha conduta de maneira repetida: a do neno que oculta o que sabe para que ninguén máis leve o mérito do seu "logro". Ese neno que se apresura a tapar coas mans o que descubriu para que ningún compañeiro o poida copiar. Temos que combater este prexuízo. O coñecemento debe fluír dentro do grupo. Podemos e debemos compartir o que sabemos, porque facelo non nos empobrece, senón que enriquece a todos. Ademais, o coñecemento non nos pertence. Só somos depositarios temporais de saberes que moitas persoas tiveron antes ca nós e que nos transmitiron a través dos seus feitos.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now