IDEA 4

Non comparamos uns nenos con outros
Cada nena e cada neno son únicos. Establecer comparacións sobre as súas capacidades e os seus logros non motiva senón que causa resentimento e con frecuencia leva os cativos a dubidar dos afectos que reciben.
A única comparación que consideramos de proveito é a que establecemos entre as distintas fases de aprendizaxe dun mesmo alumno, a dos seus logros actuais en contraste cos logros anteriores. Pero mesmo neste tipo de comparación corremos o risco de esquecer que os ritmos de aprendizaxe son variados e que a maduración non obedece a pautas matemáticas. Non comparar é parte do respecto á integridade moral de cada alumno.
