IDEA 6  

A escola non é un preparatorio para a vida. A escola é vida

Escoitamos con frecuencia que na escola preparámonos para a vida e, aínda que iso non deixa de ter certo sentido, significaría tamén que os nosos nenos están mortos.

A escola é vida. Os nenos non son adultos incompletos, non son proxectos de persoa. Son persoas, con intereses e con necesidades. Aprenden a vivir cada día e ao mesmo tempo están medrando, madurando, perfeccionando as súas destrezas físicas e as súas capacidades cognitivas. 

No colexio non preparamos para o instituto. No colexio vivimos o colexio. Non debemos esquecer nunca a capacidade de adaptación dos nosos rapaces. Preparar para o instituto cando aínda non teñen a idade para estar nel é tan absurdo como dar de comer un filete a un bebé que non ten dentes para que se vaia preparando.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now