IDEA 8

A motivación nace das experiencias de aprendizaxe satisfactorias
A motivación é o motor de todas as nosas accións. Na escola, manter un alto grao de motivación é un factor esencial para o éxito. Non podemos motivar os nenos pero podemos facer moito para que non decaia a súa motivación intrínseca. Proporcionar oportunidades para experimentar a satisfacción do traballo ben feito favorece esa motivación e axuda a enfrontar novos desafíos, mesmo de dificultade crecente.
