UNIDADE 1:
AS CATEGORÍAS GRAMATICAIS. O VERBO
A primeira unidade ten como obxectivo fundamental aprender a distinguir os tipos de palabras que aparecen na oración salientando a importancia do verbo como palabra esencial da oración.
CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B4.1. A palabra.
-
B4.2. Recoñecemento das distintas clases de palabras e explicación reflexiva do seu uso en situacións concretas de comunicación (nome, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, conxunción, pronomes, artigos, interxeccións).
RECURSOS PARA APRENDER
WEBS
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
LCB4.1.1
Identifica todas as categorías gramaticais pola súa función na lingua: presentar o nome, substituír o nome, expresar características do nome, expresar accións ou estados, enlazar ou relacionar palabras ou oracións.
LCB4.1.2
Conxuga e usa con corrección todos os tempos simples e compostos nas formas persoais e non persoais do modo indicativo e subxuntivo de todos os verbos.
LCB4.2.3
Identifica e clasifica os diferentes tipos de palabras nun texto.
LCB4.4.1
Sinala as características que definen ás diferentes clases de palabras e nomes: clasificación e uso para construír o discurso nos diferentes tipos de producións.