UNIDADE 10:

PORTFOLIO DE ESCRITURA 

O bloque completo de escritura traballarémolo utilizando a técnica do portfolio. O alumnado seleccionará as mellores mostras do seu traballo en función dos criterios de avaliación previstos. O portfolio axuda a desenvolver destrezas de análise e reflexión e habilidades relacionadas coa metacognición (aprender a aprender).

 CONTIDOS DO CURRÍCULO             

  • B3.1. Produción de textos para comunicar coñecementos, experiencias e necesidades: atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos e argumentativos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios, prescritivos e persuasivos).

  • B3.2. Cohesión do texto: enlaces, substitucións léxicas, mantemento do tempo verbal e puntuación.

  • B3.3. Aplicación das normas ortográficas e signos de puntuación (punto e coma, guión, dous puntos, raia, signos de entoación, parénteses, etc). Acentuación.

  • B3.4. Orde e presentación.

  • B3.5. Normas e estratexias para a produción de textos: planificación (función, destinatario, estrutura...).

  • B3.6. Revisión e mellora do texto.

  • B3.7. Realización de ditados.

  • B3.8. Creación de textos utilizando a linguaxe verbal e non verbal con intención informativa: carteis publicitarios. Anuncios. Cómics.

  • B.3.9. Produción de textos segundo o plan de escritura.

 RECURSOS PARA APRENDER                  

 WEBS 

 ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE              

LCB3.1.1

Escribe, en diferentes soportes, textos propios do ámbito da vida cotiá, do ámbito escolar e social: diarios, cartas, correos electrónicos, noticias, textos literarios, folletos informativos e literarios, narracións, textos científicos, anuncios publicitarios, regulamentos, receitas, instrucións, normas, solicitudes.

 

LCB3.1.2

Escribe textos usando o rexistro adecuado, organizando as ideas con claridade, enlazando enunciados en secuencias lineais cohesivas e respectando as normas gramaticais e ortográficas.

 

LCB3.1.3

Escribe diferentes tipos de textos adecuando a linguaxe ás características do xénero, seguindo modelos, encamiñados a desenvolver a súa capacidade creativa na escritura.

 

LCB3.2.1

Resume o contido de textos propios do ámbito da vida persoal e do ámbito escolar, recollendo as ideas principais, evitando parafrasear o texto

e utilizando unha expresión persoal.

 

LCB3.2.2

Aplica correctamente os signos de puntuación, as regras de acentuación e ortográficas propias do nivel.

 

LCB3.2.3

Reproduce textos ditados con corrección.

 

LCB3.2.4

Emprega estratexias de procura e selección da información: tomar notas, elaborar esquemas, guións, borradores e mapas conceptuais.

 

LCB3.3.1

Utiliza habitualmente o dicionario, en papel e en liña, no proceso de escritura.

LCB3.4.1

Elabora gráficas a partir de datos seleccionados e organizados procedentes de diferentes textos (libros de consulta, xornais e revistas).

 

LCB3.4.2

Presenta un informe de forma ordenada e clara, utilizando soporte papel e informático, sobre problemas ou situacións sinxelas, recollendo información de diferentes fontes (directas, libros, Internet), seguindo un plan de traballo e expresando conclusións.

 

LCB3.4.3

Elabora un informe seguindo un guión establecido que supoña a procura, selección e organización da información de textos de carácter científico, xeográfico ou histórico.

 

LCB3.5.1

Pon interese e esfórzase por escribir correctamente de forma persoal.

 

LCB3.6.1

Expresa, por escrito, opinións, reflexións e valoracións argumentadas e usa, de xeito habitual, unha linguaxe non sexista.

 

LCB3.7.1

Planifica e redacta textos seguindo uns pasos: planificación, redacción, revisión e mellora. - Determina con antelación como será o texto, a súa extensión, o tratamento autor/a-lector/a e a presentación. - Adapta a expresión á intención, tendo en conta ao interlocutor e o asunto de que se trata. - Presenta os escritos con limpeza, claridade, precisión e orde os escritos. - Reescribe o texto.

 

LCB3.7.2

Valora a súa propia produción escrita, así como a produción escrita dos seus compañeiros.

 

LCB3.8.1

Usa con eficacia Internet e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación para escribir, presentar os textos e buscar información, crear táboas e gráficas.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now