UNIDADE 4:
TIPOS DE PALABRAS: DERIVADAS E COMPOSTAS
Esta unidade ocúpase da formación de palabras por derivación e por composición. Complétase co estudo das principais variedades do español e do resto de linguas peninsulares.
CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B4.1. A palabra.
-
B4.4. Vocabulario: sinónimos e antónimos, palabras polisémicas e homónimas, arcaísmos, estranxeirismos e neoloxismos. Frases feitas. Formación de substantivos, adxectivos e verbos. Recursos derivativos: prefixos e sufixos na formación de nomes, adxectivos e verbos. Siglas e abreviaturas.
-
B4.13. As variedades da lingua.
-
B4.14. Coñecemento xeral da realidade plurilingüe de España e a súa valoración como fonte de enriquecemento persoal e como unha mostra de riqueza do noso patrimonio histórico e cultural.
RECURSOS PARA APRENDER
WEBS
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
LCB4.1.3
Diferenza familias de palabras.
LCB4.2.1
Identifica e usa sinónimos e antónimos, palabras polisémicas e homónimas, arcaísmos, estranxeirismos e neoloxismos, frases feitas, siglas e abreviaturas.
LCB4.2.2
Recoñece palabras compostas, prefixos e sufixos e crea palabras derivadas.
LCB4.6.1
Valora a variedade lingüística de España e o español de América.
LCB4.6.2
Recoñece e identifica algunhas das características relevantes (históricas, socioculturais, xeográficas e lingüísticas) das linguas oficiais en España.