UNIDADE 6:
A NARRATIVA
O bloque de lectura e educación literaria iniciámolo co xénero narrativo. Analizaremos as súas características principais e realizaremos lecturas de diversos textos narrativos con peculiaridades diversas (contos, mitos, fragmentos de novelas, etc.)
CONTIDOS DO CURRÍCULO
-
B2.1. Consolidación do sistema de lecto-escriturae.
-
B2.2. Lectura en voz alta de distintos tipos de texto.
-
B2.5. Lectura en silencio e comprensión de distintos tipos de texto.
-
B2.6. Subliñado, esquematización e resumo da información relevante dun texto.
-
B2.7. Comprensión de textos segundo a súa tipoloxía.
-
B2.8. Gusto pola lectura. Hábito lector. Lectura de diferentes textos como fonte de información, de deleite e de diversión.
-
B2.9. Selección de libros segundo o gusto persoal.
-
B2.10. Lectura dos libros establecidos no Plan lector.
-
B2.12. Identificación e valoración crítica das mensaxes e valores transmitidos polo texto.
RECURSOS PARA APRENDER
WEBS
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
LCB2.1.1
Le en voz alta, con precisión, diferentes tipos de textos apropiados á súa idade con velocidade, fluidez e entoación adecuada.
LCB2.1.2
Descodifica con precisión e rapidez todo tipo de palabras.
LCB2.2.2
Comprende, con certo grado de detalle, diferentes tipos de textos atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos e argumentativos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios, prescritivos e persuasivos).
LCB2.3.1
Le en silencio coa velocidade adecuada textos de diferente complexidade.
LCB2.3.2
Realiza lecturas en silencio resumindo con brevidade os textos lidos.
LCB2.4.1
Capta o propósito de diferentes tipoloxías textuais. Identifica as partes da súa estrutura organizativa, analiza a súa progresión temática.
LCB2.4.2
Elabora resumos de textos lidos e identifica os elementos característicos dos diferentes tipos de texto.
LCB2.4.3
Recoñece algúns mecanismos de cohesión en diferentes tipos de texto.
LCB2.5.1
Interpreta o valor do título e as ilustracións.
LCB2.5.4
Realiza inferencias e formula hipóteses.
LCB2.6.1
Ten programado un tempo semanal para ler diferentes textos.
LCB2.8.1
Deduce o significado de palabras e expresións con axuda do contexto.
LCB2.8.3
Infire, interpreta e formula hipótese sobre o contido. Sabe relacionar os elementos lingüísticos cos non lingüísticos nos diferentes tipos de textos.
LCB2.8.4
Establece relación entre as ilustracións e os contidos do texto, presenta hipóteses, realiza predicións, e identifica na lectura o tipo de texto e a intención.
LCB2.10.1
Utiliza a biblioteca para localizar un libro determinado con seguridade e autonomía, aplicando as normas de funcionamento da mesma.
LCB2.10.2
Expón os argumentos de lecturas realizadas dando conta dalgunhas referencias bibliográficas: autor ou autora,editorial,xénero ou ilustracións.
LCB2.10.3
Selecciona lecturas con criterio persoal e expresa o gusto pola lectura de diversos xéneros literarios como fonte de lecer manifestando a súa opinión sobre os textos lidos.
LCB5.1.1
Recoñece e valora as características fundamentais de textos literarios narrativos, poéticos e dramáticos.
LCB5.2.2
Interpreta a linguaxe figurada, metáforas, personificacións, hipérboles e xogos de palabras en textos literarios.
LCB5.2.1
Realiza lecturas guiadas de textos narrativos de tradición oral, literatura infantil, adaptacións de obras clásicas e literatura actual.