UNIDADE 1:
ÁNGULOS, PLANOS E SIMETRÍA
Nesta unidade aprenderemos a distinguir tipos de ángulos segundo a súa abertura e posición. Tamén trataremos a representación de puntos no plano de coordenadas así como a simetría e relacións de paralelismo e perpendicularidade.

CONTIDOS DO CURRÍCULO
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
-
B4.1. Posicións relativas de rectas e circunferencias.
-
B4.2. Ángulos en distintas posicións: consecutivos, adxacentes, opostos polo vértice...
-
B4.3. Sistema de coordenadas cartesianas. Descrición de posicións e movementos.
-
B4.4. A representación elemental do espazo, escalas e gráficas sinxelas.
RECURSOS PARA APRENDER
PRESENTACIÓNS
MTB4.1.1
Identifica e representa posicións relativas de rectas e circunferencias.
MTB4.1.2
Identifica e representa ángulos en diferentes posicións: consecutivos, adxacentes, opostos polo vértice.
MTB4.1.3
Describe posicións e movementos por medio de coordenadas, distancias, ángulos, xiros.
MTB4.1.4
Realiza escalas e gráficas sinxelas, para facer representacións elementais no espazo.
MTB4.1.5
Identifica en situacións moi sinxelas a simetría do tipo axial e especular.