UNIDADE 3:

 CIRCUNFERENCIA E CÍRCULO 

Nesta terceira unidade dedicada á xeometría centrarémonos na circunferencia e o círculo. Aprenderemos a averiguar a lonxitude da circunferencia e a área do círculo, así como os elementos principais das dúas figuras: raio, diámetro, arco, coroa, etc. Efectuaremos unha avaliación dos aspectos xerais relacionados co bloque de xeometría.

 CONTIDOS DO CURRÍCULO             

  • B4.8. Concavidade e convexidade das figuras planas.

  • B4.9. A circunferencia e o círculo. Elementos básicos: centro, raio, diámetro, corda, arco, tanxente e sector circular.

  • B4.10. Interpretación de representacións espaciais en situacións da vida cotiá.

  • B4.11. Resolución de problemas de xeometría relacionados coa vida cotiá.

 RECURSOS PARA APRENDER                  

 WEBS 

 VÍDEOS 

 ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE              

MTB4.4.1

Identifica e diferencia os elementos básicos da circunferencia e círculo: centro, raio, diámetro, corda, arco, tanxente e sector circular. 

MTB4.4.2

Calcula perímetro e área da circunferencia e do círculo.

MTB4.5.1

Comprende e describe situacións da vida cotiá, e interpreta e elabora representacións espaciais (planos, esbozos de itinerarios, maquetas,), utilizando as nocións xeométricas básicas (situación, movemento, paralelismo, perpendicularidade, escala, simetría, perímetro e superficie).

MTB4.6.1

Resolve problemas xeométricos que impliquen dominio dos contidos traballados, utilizando estratexias heurísticas de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisións, valorando as súas consecuencias e a conveniencia da súa utilización.

MTB4.6.2

Reflexiona sobre o proceso de resolución de problemas: revisando as operacións utilizadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto, propoñendo outras formas de resolvelo. 

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now