UNIDADE 7:

 DIVISIBILIDADE E PROPORCIONALIDADE 

Nesta unidade revisaremos os criterios de divisibilidade e introduciremos o concepto de proporcionalidade aplicando o mesmo a situacións da vida cotiá.

 CONTIDOS DO CURRÍCULO             

  • B2.17. Divisibilidade: múltiplos, divisores, números primos e números compostos. Criterios de divisibilidade.

  • B2.19. Comprobación de resultados mediante estratexias aritméticas.

  • B2.31. Proporcionalidade directa.

  • B2.32. A regra de tres en situacións de proporcionalidade directa: lei do dobre, triplo, metade.

  • B2.33. Resolución de problemas da vida cotiá.

  • B2.38. Obtención dos primeiros múltiplos dun número dado.

  • B2.39. Obtención de todos os divisores de calquera número menor de 100.

 RECURSOS PARA APRENDER                  

 WEBS 

 VÍDEOS 

 ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE              

MTB2.4.1

Coñece e aplica os criterios de divisibilidade por 2, 3, 5, 9 e 10.

 

MTB2.7.4

Usa a regra de tres en situacións de proporcionalidade directa: lei do dobre, triplo, metade, para resolver problemas da vida diaria.

MTB2.7.5

Resolve problemas da vida cotiá utilizando porcentaxes e regra de tres en situacións de proporcionalidade directa, explicando oralmente e por escrito o significado dos datos, a situación formulada, o proceso seguido e as solucións obtidas.

MTB2.8.8

Calcula todos os divisores de calquera número menor de 100.

MTB2.8.9

Calcula o mcm e o mcd.

MTB2.9.1

Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias heurísticas, de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisións, valorando as súas consecuencias e a conveniencia do seu uso.

MTB2.9.2

Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras formas de resolvelo.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now