UNIDADE 9:

 ESTATÍSTICA 

A penúltima unidade do curso servirá para introducir nocións básicas de estatística e para practicar coa recollida de datos, a súa análise e a conseguinte elaboración de gráficas representativas.

 CONTIDOS DO CURRÍCULO             

  • B5.1. Recollida e clasificación de datos cualitativos e cuantitativos.

  • B5.2. Construción de táboas de frecuencias absolutas e relativas.

  • B5.3. Iniciación intuitiva ás medidas de centralización: a media aritmética, a moda e o rango.

  • B5.4. Realización e interpretación de gráficas sinxelas: diagramas de barras, poligonais e sectoriais.

  • B5.5. Análise crítica das informacións que se presentan mediante gráficas estatísticas.

 RECURSOS PARA APRENDER                  

 WEBS 

 VÍDEOS 

 ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE              

MTB5.1.1

Identifica datos cualitativos e cuantitativos en situacións familiares.

 

MTB5.2.1

Recolle e clasifica datos cualitativos e cuantitativos de situacións do seu contorno, utilizándoos para construír táboas de frecuencias absolutas e relativas.

 

MTB5.2.2

Aplica de forma intuitiva a situacións familiares as medidas de centralización: a media aritmética, a moda e o rango.

 

MTB5.2.3

Realiza e interpreta gráficos moi sinxelos: diagramas de barras, poligonais e sectoriais, con datos obtidos de situacións moi próximas.

 

MTB5.2.4

Realiza análise crítica e argumentada sobre as informacións que se presentan mediante gráficas estatísticas.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now