UNIDADE 8:

 MEDIR MAGNITUDES 

A oitava unidade do curso estará dedicada integramente á medición de magnitudes

 CONTIDOS DO CURRÍCULO             

  • B3.1. Elección da unidade máis axeitada para a expresión dunha medida.

  • B3.2. Realización de medicións.

  • B3.3. Estimación de lonxitudes, capacidades, masas, superficies e volumes de obxectos e espazos coñecidos; elección da unidade e dos instrumentos máis axeitados para medir e expresar unha medida.

  • B3.4. Comparación e ordenación de medidas dunha mesma magnitude.

  • B3.5. Desenvolvemento de estratexias para medir figuras de maneira exacta e aproximada.

  • B3.6. Comparación de superficies de figuras planas por superposición, descomposición e medición.

  • B3.7. Sumar e restar medidas de lonxitude, capacidade, masa, superficie e volume.

  • B3.8. Explicación oral e escrita do proceso seguido e da estratexia utilizada en calquera dos procedementos empregados.

  • B3.9. Equivalencias entre as medidas de capacidade e volume.

  • B3.10. O sistema sesaxesimal.

  • B3.11. O ángulo como  unidade de medida dun ángulo. Medida de ángulos.

 RECURSOS PARA APRENDER                  

 WEBS 

 VÍDEOS 

 ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE              

MTB3.1.1

Estima lonxitudes, capacidades, masas, superficies e volumes de obxectos e espazos coñecidos elixindo a unidade e os instrumentos máis axeitados para medir e expresar unha medida, explicando de forma oral o proceso seguido e a estratexia utilizada.

MTB3.1.2

Mide con instrumentos, utilizando estratexias e unidades convencionais e non convencionais, elixindo a unidade máis axeitada para a expresión dunha medida.

 

MTB3.2.1

Suma e resta medidas de lonxitude, capacidade, masa, superficie e volume en forma simple dando o resultado na unidade determinada de antemán.

 

MTB3.2.2

Expresa en forma simple a medición da lonxitude, capacidade ou masa dada en forma complexa e viceversa.

 

MTB3.2.3

Compara e ordena medidas dunha mesma magnitude.

 

MTB3.4.1

Coñece e utiliza as equivalencias entre as medidas de capacidade e volume.

 

MTB3.4.2

Explica de forma oral e por escrito os procesos seguidos e as estratexias utilizadas en todos os procedementos realizados.

 

MTB3.4.3

Resolve problemas utilizando as unidades de medida máis usuais, convertendo unhas unidades noutras da mesma magnitude, expresando os resultados nas unidades de medida máis axeitadas, explicando oralmente e por escrito o proceso seguido.

 

MTB3.5.1

Resolve problemas realizando cálculos con medidas angulares.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now