UNIDADE 4:
NÚMEROS
Abrimos un novo bloque de contidos con esta unidade dedicada á numeración. Repasaremos os números romanos e introduciremos os números enteiros.
CONTIDOS DO CURRÍCULO

-
B2.1. Números enteiros, decimais e fraccións.
-
B2.2. A numeración romana.
-
B2.3. Orde numérica. Utilización dos números ordinais. Comparación de números.
-
B2.4. Nome e grafía dos números de máis de seis cifras.
-
B2.5. Equivalencias entre os elementos do sistema de numeración decimal: unidades, decenas, centenas, etc.
-
B2.6. O sistema de numeración decimal: valor de posición das cifras.
-
B2.7. O número decimal: décimas, centésimas e milésimas.
-
B2.9. Os números decimais: valor de posición.
-
B2.10. Números positivos e negativos.
-
B2.11. Ordenación de conxuntos de números de distinto tipo.
-
B2.13. Redondeo de números decimais á décima, centésima ou milésima máis próxima.
-
B2.14. Redondeo de números naturais ás decenas, centenas e millares.
-
B2.35. Descomposición de forma aditiva e de forma aditivo-multiplicativa.
-
B2.36. Descomposición de números naturais atendendo ao valor de posición das súas cifras.
RECURSOS PARA APRENDER
WEBS
VÍDEOS
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
MTB2.1.1
Identifica os números romanos aplicando o coñecemento á comprensión de datacións.
MTB2.1.2
Le, escribe e ordena en textos numéricos e da vida cotiá, números (naturais, fraccións e decimais ata as milésimas), utilizando razoamentos apropiados e interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
MTB2.2.1
Interpreta en textos numéricos e da vida cotiá, números (naturais, fraccións e decimais ata as milésimas), utilizando razoamentos apropiados e interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
MTB2.2.2
Utiliza os números negativos en contextos reais.
MTB2.3.2
Redondea números decimais á décima, centésima ou milésima máis próxima.
MTB2.8.2
Descompón de forma aditiva e de forma aditivo- multiplicativa, números menores de un millón, atendendo o valor de posición das súas cifras.
MTB2.8.10
Descompón números decimais atendendo ao valor de posición das súas cifras.