Os deberes
Este proxecto aposta pola supresión dos comunmente denominados deberes. As tarefas extraescolares que se propoñen guíanse por estes principios esenciais:
-
Non son sistemáticas nin obrigatorias, é dicir, non se mandan deberes todos os días para controlar e corrixir ao día seguinte na aula. As tarefas escolares deben ocupar o tempo lectivo. Os outros momentos corresponden á esfera da familia.
-
Non reciben cualificación numérica nin se comparan entre si.
-
Deben estar contextualizadas e ser tarefas que conecten cos intereses do alumnado. Ademais serán realizables nun prazo de tempo suficiente.
-
Teñen que ser útiles e axudar ao alumnado a desenvolver a convicción de que lle están a facilitar a aprendizaxe.
-
Non deben acentuar as desigualdades entre os alumnos senón favorecer a tendencia contraria.
-
Teñen que permitir os valiosos tempos de xogo, a convivencia familiar, os pasatempos persoais, etc.
PARA SABER MÁIS
-
Philippe Meirieu: Los deberes en casa (Octaedro, 2005)
-
Alfie Kohn: El mito de los deberes (Kaleida, 2013)
-
Caitlin Moran: Why homework should be banned (Ler en liña)
"So, let’s call homework what it really is. It’s not homework. It’s a parent test. It’s a life vampire. It’s a future heart-attack. It’s emptied our playgrounds and panicked our children. It puts work in the home, and I wish it death. I hope the biggest dog in the world comes and eats it."
Caitlin Moran
