A maleta de Stefan Zweig


O podcast que gravamos o outro día na aula deixoume con moitas inquedanzas. Parece como se se abriran novas posibilidades. Agora que teño máis tempo para fedellar na rede e no ordenador aproveito para todas estas cousas da tecnoloxía. Sempre son moito de comezar cousas e case nunca de rematalas. E así matinei hoxe en facer un podcast propio sobre un dous meus escritores favoritos: Stefan Zweig. Zweig naceu en Viena en 1881 e morreu no Brasil en 1942. Foi un extraordinario biógrafo, ensaísta e narrador, profundamente pacifista. Colecciono todos os seus libros.

Cun simple micrófono de mesa e axudándome co programa Audacity improvisei o primeiro programa do podcast que din en chamar La maleta de Stefan Zweig. Un proxecto máis que sae do porto e que non sei onde chegará.

La maleta de Stefan Zweig

#podcastzweig

0 vistas

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now