Días para o lecer


Pasei a Noiteboa e o Nadal na miña terra, en Ourense. Estes son días de estar coa familia e eu alí teño os meus pais e os meus irmáns. Tamén son días para pasear polas rúas, facer algunha compra e quentar o corpo con café e calefacción.

De feito penso que o mellor destes días é pasar o tempo cun bo libro nas mans ou entretido na conversa con amigos ou coa parella. Estes días tamén valen para falar coa xente e mesmo para ir facendo plans con vistas ao ano que vai comezar.

Ás veces o tempo é como unha lousa que pesa demasiado, outras veces transcorre paseniñamente coa lixeireza das follas outonizas. Por certo, queridos nenos e nenas, xa estamos no inverno.


0 vistas

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now