Unha ferramenta fascinante


Estou feliz coma un neno pequeno polo Nadal. Comprei un iPad Air, a famosísima tableta de Apple, e levo uns días entretido coñecendo as posibilidades que ten non só para o lecer senón, sobre todo, para utilizar na aula. Hoxe leveino a clase por primeira vez, conecteino á rede wifi do colexio e polo cable HDMI ao monitor que temos enriba do encerado. E todo funcionou correctamente.

Os primeiros proveitos que lle estou a descubrir, seguro que virán máis, son os seguintes:

  • Permite utilizar rapidamente apoio visual ao vocabulario que se emprega na aula (hoxe buscamos coches, prendas de vestir, ferramentas agrícolas, etc.)

  • Axuda a fortalecer a memoria visual e xa que logo a mellorar a ortografía dos rapaces.

  • Permite utilizar un encerado dixital e así non ter que usar sempre o xiz (empregueino para traballar as fraccións equivalentes).

  • Podemos escoitar música na aula (relaxámonos e sentimos a aula como un espazo agradable e do que somos parte importante).

  • Pódense tomar fotografías dos traballos realizados polo alumnado (o Ipad ten dúas cámaras, unha frontal e outra traseira).

  • Na tenda de aplicacións hai milleiros delas deseñadas para o uso nas aulas.

Vin os nenos máis motivados e entretidos co novo aparello. Eu tamén sinto ese entusiasmo. A ver que máis proveito lle sacamos ao Ipad a partires de agora. Como sempre digo, non é máis que unha ferramenta. O importante é que facemos con ela.

#ipad #tablet #TICs #dixital

2 vistas

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now