O raposo máis famoso


Ás veces os actos educativos de máis valor son os máis simples. Un mestre lendo un libro aos seus alumnos, coa entoación axeitada, facendo pausas, animando a intervir na historia con ideas e hipóteses ou colaborando con efectos especiais, en definitiva, creando suspense e emoción. Ai, se os pais e as nais se decataran da riqueza que se atesoura neses momentos de lectura ao pé da cama dos cativos!

Estes días estoulles lendo aos meus alumnos un libro que xa gocei na miña infancia e que a miña nai, mestra coma min, tamén empregaba nas súas clases. Falo do Superraposo ou, na versión orixinal en inglés, Fantastic Mister Fox. O autor, Roald Dahl, está no olimpo dos escritores de literatura infantil e xuvenil do século XX xunto con Michael Ende, Gianni Rodari, Astrid Lindgren, Tove Jansson e René Goscinny.

Roald Dahl é audaz no uso da linguaxe, non se autocensura, non subestima o talento dos seus lectores, non quere dar sermóns. Penso que esa intención é o que máis fascina e asombra aos nenos e nenas. O autor manéxase de forma extraordinaria nas descricións e nos diálogos. E así os meus nenos, especialmente a miña alumna Andrea, sempre piden máis e máis capítulos. Temos todos a mesma intriga: serán os granxeiros capaces de atrapar o raposo e a súa familia?

#roalddahl #lecturas #contos #literaturainfantil #raposos

1 vista

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now