Cultura literaria


Eu pensaba que nada máis observar a ilustración, os meus rapaces ían adiviñar axiña o libro do que foi tomada. Pero non. Ignoraban a existencia dunha famosísima obra literaria titulada As viaxes de Gulliver, escrita polo irlandés Jonathan Swift. A imaxe dun home deitado no chan atrapado por unha chea de cordas e rodeado de seres diminutos non lles lembraba nada. E hoxe a miña reflexión vai por este camiño.

A cultura literaria do noso alumnado é, polo xeral, escasa. Os clásicos infantís e xuvenís dos últimos dous séculos eran antes coñecidos por case todos. Asomaban nos andeis das bibliotecas e non había casa que non os tivera nos cuartos dos rapaces. Quen non sabía de Robinson Crusoe? As novelas de Xulio Verne? O Pinocho de Collodi? Ou mesmo o Crebanoces de E.T.A. Hoffmann?

Nestes tempos pode que xa esas grandes historias teñan recendo a vello e a desfasado. Seguramente hai motivo. Sen embargo nas páxinas da Illa do Tesouro, nas historias de Sherlock Holmes ou na enorme balea branca de Melville poden agocharse as primeiras lecturas dos que van ler durante toda a vida, dos que van ser algo máis que adultos alfabetizados.

Teño que facer algo sobre o asunto, o caso é que facer.

#gulliver #jonathanswift #literaturainfantil #literaturaxuvenil #lecturas #libros #xigantes

3 vistas

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now