A terapia do éxito


Os mestres tamén necesitamos que as tarefas que propoñemos ao alumnado resulten, que cheguen a bo porto. Ás veces son os condicionantes técnicos os que poden estragar unha boa idea. Outras veces é a falta de pericia do propio mestre ou a inadecuación da tarefa ao grupo e ás súas características. Pode ser un mal día, pode ser a torpeza na explicación. Por iso, en días como o de hoxe síntome especialmente satisfeito.

A proposta de hoxe presenteina por medio do iPad indicando a todos a forma de organizarse, os recursos necesarios e o obxectivo principal da tarefa. Divididos en dous grupos, consistía en elaborar un set de 10 palabras do mesmo campo semántico na aplicación Quizlet. Desenvolvéronse moi ben coa ferramenta e ademais con bastante autonomía. Estas foron algunhas aprendizaxes fortalecidas:

  • Utilización de Internet como inmenso banco de imaxes e fonte de información

  • Selección de imaxes e procedemento para o seu engadido a cada palabra

  • Gravación das voces para cada un dos vocablos elixidos

  • Importancia da correcta ortografía e da riqueza do vocabulario

Un grupo elixiu como tema as flores e o outro as linguas de Europa. Cando remataron xa se deron conta de que están preparados para facer outra tarefa parecida. E eu, coma mestre, acabei convencido de que sempre podemos dar un paso máis. O éxito é a mellor terapia, é o que mantén o nivel de motivación alto, así como a autoestima e a confianza. Cando nos vemos capaces de enfrontar desafíos case nada parece imposible.

Aquí podedes ver o resultado da tarefa no modo ditado:

Idiomas de Europa

Flores

#quizlet #TICs #motivación #internet

9 vistas

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now