Non somos illas


Algúns mestres sinten auténtico pánico se non controlan todas e cada unha das cousas que suceden dentro da aula. Precisan ser o centro da clase cada hora e cada día, cando mellor sería que ocuparan un recuncho un pouco apartado. Poñerse a un lado. Observar os nenos mentres se relacionan. Son cousas que adoitamos facer menos do que deberiamos. Os nosos nenos e nenas precisan momentos para falar entre eles, para comunicar o que lles interesa, para preguntarse cousas. mesmo para discutir e chegar a acordos. Necesitan ser escoitados e sentir que forman parte dun mundo, o seu, o dos seus iguais.

Hoxe decidín que durante unha hora enteira os meus alumnos e alumnas ían xogar en grupos. Xogos matemáticos, iso si. Un grupo entretívose cun dominó de fraccións, outro grupo cun xogo para compoñer fraccións con fichas de goma e o terceiro ocupado no encerado dixital. Cada certo tempo indicaba que tiñan que rotar e cambiar de xogo. Senteime e observei. E reparei en cousas curiosas. Aquela nena que apenas parece viva cando eu falo estaba agora feliz, cun sorriso nos beizos, conversando mentres coas súas mans manipulaba habilmente as pezas de cada fracción. Entendín que esta nena necesita estes momentos de socialización como o alimento polo almorzo. Outro rapaz, bastante irascible e con pouca autoestima, xogaba entretido ao dominó, sentíase capaz de participar, de ser un máis no grupo. E tamén atopei nel ese sorriso esclarecedor que moitas veces os mestres, obsesionados con fichas, diagramas e currículos, non somos capaces de ver.

Como escribía o poeta inglés John Donne na súa Meditación XVII, que eu adoro: "No man is an island" (Ningún home é como unha illa).


1 vista

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now