Osíxeno


Sempre digo que para min os libros son como o osíxeno. Necesito deles para vivir. Mentres escribo estas liñas teño ao meu carón unha excelente monografía sobre o pintor e caricaturista francés Honoré Daumier. Combino ensaios, ficción e poesía. Pola casa sempre ando dun cuarto a outro carretando libros.

É por isto que en días como o de hoxe, no que lle facemos homenaxe á lectura, resulta un tanto frustrante querer transmitir aos alumnos e alumnas ese amor polas obras escritas e semellar que non eres capaz de logralo.

Certo é que hoxe en día teñen moitas distraccións, que a lectura require unha pausa e un esforzo intelectual que con frecuencia non están dispostos a realizar. A chave da cuestión, para min, está en convencer con feitos e non con palabras baleiras que o esforzo paga a pena, que dedicarlle un tempo diario á lectura ten recompensa, que revirte no noso benestar, na nosa madurez e aprendizaxe.

Hoxe levei á aula unha chea de libros meus pois penso que a animación á lectura ten que partir do exemplo, de modelos auténticos de lector. Os mestres que non len non poden disimular ante os rapaces. Nótaselles demasiado. Como van transmitir un gusto que non teñen?

Quixen facer unha actividade lúdica, unha caza do tesouro seguindo pistas a través deses libros, pero a sensación final foi un tanto amarga. Pareceume que os nenos están tan afeitos a competir entre eles que non foron capaces de gozar da viaxe. Estaban máis pendentes de comprobar que grupo remataba antes. Malditos adultos que só sabemos ensinar a competir e a desafiar e non a cooperar, gozar e amar.

#libros #lectura #literaturainfantil #literaturaxuvenil

3 vistas

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now