Os algoritmos


Na educación matemática hai moitísimo que reflexionar e moitísimo que modificar. Sempre me sentín frustrado ao observar como o alumnado con moi boas capacidades noutras áreas naufragaba inevitablemente na resolución de problemas aparentemente sinxelos e conectados con situacións da vida real. Con frecuencia atribuímos esta paradoxa a unha suposta comprensión lectora deficiente (nunca mo pareceu) ou a unha falta innata de capacidade para razoar (tampouco me convenceu).

Penso que no ensino das matemáticas sobra mecánica e falta manipulación. Os nenos na aula deberían manipular e xogar cos números, descompoñer e volver compoñer, pensar, reflexionar, falar, etc. Estas actividades axudan a entender os números, favorecen o cálculo mental e finalmente colaboran no proceso de comprensión das estratexias que debemos poñer en xogo na resolución de problemas da vida cotiá. En lugar disto adoitamos encargar fichas enteiras de operacións descontextualizadas que ademais obrigamos a facer dunha maneira determinada, prohibindo calquera outra alternativa. Precisamente a que eliximos soe ser a que menos axuda a entender as matemáticas.

En relación con isto, na última semana estivemos debatendo na aula sobre os diferentes algoritmos que podemos empregar para sumar. Sumar non é colocar os números en columnas e seguir unhas instrucións tradicionais. Sumar é unha operación aritmética que podemos realizar doutras maneiras. A tradicional é hoxe a menos axeitada. É abstracta, ilóxica e non axuda a entender. Valía para un tempo no que había que adestrar rapidamente a todos os rapaces da mesma maneira, un tempo no que non había case calculadoras. Os algoritmos que introducimos esta semana rompen con esa rixidez, con esa idea instalada na mente dos rapaces de que sumar e facer sumas ao modo tradicional. Cando contemplaron outras maneiras, máis sinxelas, máis conectadas co seu pensamento, tiñades que mirar as súas caras alegres e ilusionadas.

O profesor canario Antonio Martín, do que xa teño falado, ten unha canle en Youtube que merece moito a pena se tedes interese neste asunto dos algoritmos e a didáctica das matemáticas.


1 vista

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now