O PAD avanza


Este ano decidín acometer un plan ambicioso: deseñar e levar adiante un programa de acompañamento dixital pensado para os meus nenos e nenas de quinto de primaria. Pouco a pouco a criatura foi crecendo e hoxe vexo que está a dar os seus primeiros froitos. Por fin unha satisfacción para o mestre.

Os anos anteriores serviron para experimentar coas ferramentas do programa, as aplicacións informáticas, a rede social colaborativa, a comunicación interpersoal, etc. Agora sentía que chegara o momento de vertebrar todo iso nun programa con fundamento pedagóxico sen esquecer o dominio técnico necesario. Quería convertir os fragmentos nunha peza recoñecible, con obxectivos claros e ben comunicados ás familias.

O primeiro trimestre foi de tanteo, de probas. Desde que comezou o ano estamos a marcar actividades fixas do programa os xoves e os venres. Os xoves publico sempre na rede Edmodo unha lectura con preguntas de comprensión e opinión. Utilizo a aplicación Actively Learn que convirte o texto nunha lectura fácil de ler e agradable aos ollos.

Os venres tócalle o turno ás probas de exercicios e actividades. A aplicación Wizer permíteme deseñar fichas dixitais con audio e vídeo, o que sen dúbida fai da ficha algo máis motivador e vivo que a ficha de papel. Vexo os meus alumnos motivados e interesados, aprendendo case sen decatarse, e iso é sinal de que imos por bo camiño.

#pad #dixital #wizer #edmodo #activelylearn

19 vistas

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now