A empatía


Non é nada doado explicar nunha aula de primaria o que significa a palabra empatía. E sen embargo é este un ingrediente esencial da boa convivencia. Cando queremos transmitir a importancia da empatía tratamos de empregar frases feitas, expresións algo gastadas que moitas veces non chegan ao entedemento dos nosos alumnos: poñerse no lugar do outro, sentir o que sinte o outro, etc.

Por iso foi unha sorte enorme atopar por casualidade este vídeo da BBC na que podemos observar a unha nena de sete anos de volta á súa escola despois de serlle implantada unha prótese na súa perna dereita. Este vídeo é unha mostra gráfica do que é a empatía. Na reacción dos seus compañeiros vemos reflexada a alegría da nena que pode volver a andar. A empatía non só é acompañar no sufrimento e a dor, tamén é compartir a alegría e a ilusión, alegrarse polos demais como se fora un mesmo. E de leccións coma esta, aínda que non o pareza, está o noso mundo moi necesitado.


12 vistas

Entradas Recientes

Ver todo

Pai e mestre

"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños". Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e e

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now