Pai e mestre


"Como no eres padre, no entiendes lo que son los niños".

Nos case vinte anos que levo na profesión escoitei esta frase máis dunha vez, algunha delas proferida con verdadeira mala fe. Agora son pai e esa frase paréceme aínda máis inxusta e falsa.

É evidente que existen magníficos mestres e mestras que non teñen fillos nin pensan telos. A súa profesión non consiste niso, senón en acompañar os fillos dos demais e guialos nas aprendizaxes da vida que teñen lugar no espazo escolar. Podes ser mestre e non ser pai do mesmo xeito que podes ser pai e non ser mestre pois son responsabilidades totalmente diferentes.

Agora ben, a min gústame ser honesto é teño que admitir que desde que son pai teño unha perspectiva máis para entender a infancia, unha dimensión que me pode facilitar a empatía cos pais e nais dos meus alumnos. Pero iso non me vai convertir en mellor mestre. A profesionalidade, o coñecemento da psicoloxía infantil, os recursos didácticos, a metodoloxía, as emocións na aula, etc. son os ingredientes que fan dun mestre mellor ou peor mestre. Deixemos cada esfera de responsabilidade no seu lugar. É un gozo ser pai e é un gozo diferente ser mestre. Son dúas dimensións da miña vida que me dan moitas satisfaccións e tamén algúns disgustos.

#parenting #mestres #pais #nais

7 vistas

Entradas Recientes

Ver todo

Un máis

Os mestres adoitamos dar por finalizados os anos ao chegar o 30 de xuño. Para nós é moito máis significativo. Nada de 31 de decembro. Cada 30 de xuño significa un máis (ou un menos) na carreira profes

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now