Os principios básicos
Non somos amigos das etiquetas porque sempre resultan reducionistas, pero se nos pediran definir a nosa metodoloxía nunha soa liña diriamos que se trata daquela que nos leva a formular un proxecto que conecte eficazmente coas necesidades e os intereses do alumnado e que, nun ambiente de convivencia e solidariedade, axude a progresar en múltiples aprendizaxes.
O decálogo é a mostra das ideas esenciais, pero ademais diso, cómpre sinalar outras características da metodoloxía que aplicamos na aula:
Establecemos conexións permanentes co que coñecen os alumnos, compartimos as experiencias e dialogamos na aula sobre calquera asunto relacionado.
Utilizamos as novas tecnoloxías tanto no seu papel de apoio ao mestre como na oportunidade que ofrecen para a creación de produtos finais.