Idea 1: Controla a túa identidade na rede

Sentidiño

 

Internet é un espazo cheo de posibilidades de comunicación, aprendizaxe e entretemento. Pero tamén ten os seus riscos. Nas redes sociais como Facebook ou Tuenti tes que saber moverte. Unha cousa que tes que ter moi clara é que en canto publicas unha imaxe túa perdes o control sobre quen a pode ver. Non sexas inxenuo/a. Aínda que penses que esa fotografía un pouco subida de ton só lle chega aos teus contactos (que non amigos), nunca poderás evitar que a descarguen, a copien e a envíen a todos os que queiran. Iso é tan fácil como facer clic. E ti sábelo.

 

En inglés din "Think before you post", é dicir, pensa antes de postear. Controla a túa privacidade. Hai imaxes que non queres que se fagan públicas. Internet non é falar por teléfono cun amigo. Internet significa publicar para poñer algo ao alcance de milleiros de millóns de persoas. Abre o teu horizonte, controla e sé moi previsor. Se tes dúbidas, non fagas clic.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now