Unidade 1: A comunicación 

Nesta unidade imos aprender que os seres humanos necesitamos comunicarnos e que temos diversas formas para facelo. Pero a que máis utilizamos é, sen dúbida, a comunicación verbal, a que utiliza palabras, e dentro desta a comunicación oral. Para comunicarnos de xeito oral só precisamos do noso propio corpo (a boca e o oído). Para facelo de forma escrita necesitamos utilizar algún obxecto (lapis, bolígrafo, ordenador, etc.) e un soporte para escribir (papel, cartón, etc.)

O código das bandeiras marítimas

 

 

 

As embarcacións utilizan un código de sinais visuais para comunicarse mensaxes. Empregan bandeiras de cores que colocan en lugar visible do barco. Observa ben o cadro do código. Fíxate en que cada bandeira por si mesma é unha mensaxe pero tamén equivale a unha letra.

 

TAREFA 1: Debuxa un barco que leve unha bandeira que significa que necesita un práctico.

 

TAREFA 2: Convirte o teu nome de pila ao código de bandeiras marítimas. Daste conta de que se non coñecemos o código é imposible comunicarse?

 

Pide axuda se o precisas.

Xogos de mímica

 

 

 

A mímica é a arte de transmitir ideas, sentimentos, etc. por medio de xestos ou pola expresión do rostro, sen utilizar as palabras. Xa sabes que na comunicación entre persoas teñen moitísima importancia os xestos, os movementos e as posturas, tanta como as palabras que dicimos. A comunicación ten moitos ingredientes.

 

XOGO 1: Un neno ou nena da clase ten que imitar un oficio por medio da mímica e o resto da clase ten que adiviñalo. Por suposto non vale utilizar a comunicación verbal, só a non verbal.

 

 

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now