Unidade 2: A imprenta 

Incunables da Biblioteca Nacional de España

 

 

 

Os incunables son os libros que se publicaron durante os primeiros cincuenta anos da imprenta de Gutenberg, ata 1501. A Biblioteca Nacional conserva moitos incunables nos seus andeis e algúns están dixitalizados para que os poidamos ver desde a casa.

 

TAREFA 1: Entra no apartado de incunables da Biblioteca Nacional e verás que tes a túa disposición máis de 1.400! Elixe o que queiras, observa que algúns están en latín. Entra no que elixiches e vai pasando as súas páxinas. Párate a observar.

En que ano se publicou? En que cidade se editou? Sabes de que trata? Resúltache fácil de ler e de entender?

 

Como podes ver, estes libros xa non son os manuscritos que adoitaban escribir os monxes nos mosteiros antes da invención da imprenta.

 

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now