Unidade 3: O xornalismo 

Prensa antiga de Vilagarcía

 

 

 

Unha hemeroteca é un lugar onde se conservan xornais e revistas. Grazas aos escáneres e a Internet hoxe podemos acceder desde a casa a milleiros de publicacións de todas as épocas. Resulta de moita utilidade para os xornalistas e historiadores que queiran investigar o pasado.

 

El Eco Comercial foi un periódico que se publicaba en Vilagarcía de Arousa hacia o ano 1885. Non foi o único. Xa no século XX o xornal máis importante de Vilagarcía chamábase Galicia Nueva.

 

TAREFA 1: Entra na Hemeroteca Dixital de Galicia e elixe un número calquera de El Eco Comercial.

Observa a súa apariencia: Cantas páxinas tiña? En cantas columnas estaba distribuída a información? Tiña fotografías ou debuxos?

Quen era o seu director? Cal era o prezo da subscrición? Era diario?

Que tipo de informacións atopas? Parécese aos xornais actuais? Tiña textos en galego?

 

 

 

 

 

 

TAREFA 2: Entra agora na páxina do xornal Galicia Nueva. Elixe o número que ti queiras e contesta as mesmas preguntas. Observa que este diario é posterior, do século XX. Ves algún cambio?

 

Pide axuda se o precisas.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now