Unidade 4: A fotografía e o cinema

Nesta unidade imos falar de imaxes e imos aprender que os seres humanos sempre quixemos representar a realidade por diversos métodos, primeiro debuxando e pintando e despois, cando os medios técnicos o permitiron, sacando fotografías e filmando películas.

 

VOCABULARIO: imaxe, representación, fotografía, cámara, xilografía, litografía, plano, angulación, raccord

Visita virtual ao Museo del Prado

 

 

 

O Museo del Prado é a pinacoteca máis importante de España e unha das máis valiosas do mundo. Alí consérvanse pinturas dos últimos mil anos, especialmente europeas. Hai obras de Velázquez, Murillo, Goya, Tiziano, Rubens, Rafael, etc.

 

TAREFA 1: Organiza unha visita para toda a clase acompañada do profesor. Calcula o prezo das entradas e sinala un día e unha hora para facer a visita.

 

TAREFA 2: Busca o apartado onde veñen seleccionadas as 15 obras mestras do museo. Escolle unha das pinturas e averigua o título, o autor, a época e a intención da obra. Reflexiona sobre como a pintura é unha representación da realidade, non a realidade mesma.

 

Pide axuda se o precisas.

O picado e o contrapicado

 

 

 

A cámara de cine pódese colocar de moitas maneiras distintas dependendo do que queremos transmitir ao espectador. A isto chámaselle angulación.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TAREFA 1: Vai ao punto 36:38 do vídeo e observa a escena do filme The Artist (2011). Fíxate na angulación.

O actor, que era unha estrela de grandísimo éxito en películas de aventuras, acaba de ser despedido do seu traballo porque o público quere caras novas. A actriz, que ninguén coñecía, acaba de asinar o seu contrato e está feliz, desexando rodar a súa primeira película.

 

Que observas? Que tratou de transmitir o director colocando a cámara dese xeito para filmar o actor e doutra maneira para filmar a actriz?

Que efecto ten a música de fondo?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A sucesión de planos nasa que vemos a cara do actor e logo a cara de actriz chámase plano-contraplano e é a maneira máis habitual de amosar un diálogo nunha película.

 

TAREFA 2: Agora vas colocar ti a cámara nas diferentes angulacións para observar se de verdade cambia algo na sensación que recibe o espectador.

 

Pide axuda se o precisas.

O plano secuencia

 

 

 

Cada vez que nunha película hai un corte e cambia a imaxe dicimos que hai un cambio de plano. Pero ás veces os cineastas prefiren filmar escenas completas sen facer ningún cambio. A isto chamámoslle plano secuencia.

 

Alfred Hitchcock foi capaz de facer unha película só con once longos planos secuencia, é dicir, a película só ten once planos diferentes. Parece cousa imposible pero Hitchcock era un director moi hábil.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TAREFA 1: Vai ao punto 42:32 do vídeo. Aí comeza un dos planos secuencia do filme La soga (1948). Observa como a cámara se move entre os personaxes e calcula o tempo que dura o plano sen haber cortes.

Dous estudantes deciden celebrar unha festa na súa casa para homenaxear o seu profesor que se xubila. Á festa están invitados amigos, e entre eles David, que non acaba de chegar. Os invitados xa se están a preocupar.

 

Que sensación che produciu? Pensas que se pode filmar unha película sen cambiar de plano? Por que faría así Hitchcock nesta película?

Que observas nos xestos dos personaxes? Aprecias medo, nervos, impaciencia?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now