Unidade 7: A comunicación no século XXI
Na actualidade a forma de comunicarnos está a cambiar moi rapidamente. O mundo dixital transformou por completo esta necesidade. As computadoras conectadas a Internet permiten compartir de xeito inmediato non só a nosa voz senón tamén fotos, vídeos, textos, etc. multiplicando a nosa capacidade de comunicación. As redes sociais e os teléfonos móbiles fan que todos levemos no noso peto unha máquina capaz de cousas impensables hai tan só 40 anos.
VOCABULARIO: dixital, computadora, Internet, redes sociais, web 2.0, blogue, wiki, mensaxería, móbil